Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2017 Páx. 46990

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

ANUNCIO de convocatoria do procedemento de selección para a formación dunha bolsa de emprego de técnico de xestión de secretaría.

En cumprimento do establecido no artigo 97 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réximen local, no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 6 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se aproban as regras básicas e programas mínimos aos que se debe axustar o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local, faise público que por medio do Decreto do alcalde número 603/2017, do 4 de setembro de 2017, se convocou o procedemento de selección, mediante o sistema de concurso-oposición, para a formación dunha bolsa de emprego de técnico de xestión de Secretaría do Concello de Padrón. As bases foron publicadas no Boletín Oficial da Coruña número 171, do 8 de setembro de 2017.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, potestativamente, recurso de reposición ante o alcalde do Concello de Padrón, no prazo dun mes contado desde o día de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, sen perxuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Padrón, 8 de setembro de 2017

Antonio Fernández Angueira
Alcalde