Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2017 Páx. 46901

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2017 pola que se dá publicidade aos premios concedidos ao abeiro da Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios Camiño de Santiago, e se anuncia a convocatoria para o ano 2017.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, así como no artigo 14 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.gal//) o resultado do proceso de concesión dos premios con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e importes:

Aplicacións

Importes

04.A2.761A.444.0

15.000 €

04.A2.761A.460.0

20.000 €

04.A2.761A.470.0

20.000 €

04.A2.761A.480.0

20.000 €

Os premiados figuran no anexo desta resolución, de acordo coa concesión dos premios ao abeiro da Resolución do 29 de decembro de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios Camiño de Santiago, e se anuncia a convocatoria para o ano 2017.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Premiado

Categoría

Posto

Contía

Concello de Melide

Primeira

Primeiro

15.000 €

Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago

Segunda

Primeiro

15.000 €

Asociación Amigos del Camino de Santiago de Lugo

Segunda

Segundo

5.000 €

Ideas Peregrinas, C.B.

Terceira

Primeiro

15.000 €

Redemprendia

Terceira

Segundo

5.000 €

Piotr Roszak

Cuarta Modalidade A

Primeiro

10.000 €

Colegio La Merced

Cuarta Modalidade B

Primeiro

5.000 €