Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2017 Páx. 46979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de impresión dos materiais necesarios para o Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal. Contratación documentalmente simplificada (expediente AB-CON1-17-003).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-CON1-17-003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de impresión dos materiais necesarios para o Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: doce meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79810000-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación máxima

Oferta económica

100

4. Valor estimado do contrato: 135.000 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 90.000 euros. Importe total: 108.900 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase a cláusula 6.5.2.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo M, subgrupo 4, categoría A/1 ou superior.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día do prazo de presentación de solicitudes coincidise en día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: quince (15) días contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, serán por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos