Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2017 Páx. 46982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración dunha torre de endoscopia para cribado de cancro de colon (expediente AB-EIC1-17-020).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

2º. Domicilio: Paseo do General Sir John Moore, 2, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º. Teléfono: información de índole técnica 981 17 80 73 e 981 17 80 34, e información de índole administrativa 981 17 80 73 e 981 17 80 34.

5º. Telefax: 981 17 80 32.

6º. Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.gal e
www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

d) Número do expediente: AB-EIC1-17-020.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: contratación da subministración dunha torre de endoscopia para cribado de cancro de colon con destino á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución: Hospital Universitario A Coruña.

e) Prazo de execución/entrega: desde a formalización ata o 31 de decembro de 2017.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 33168100-6.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 6.5.1).

4. Valor estimado do contrato.

103.305,79 € (cento tres mil trescentos cinco euros e setenta e nove céntimos).

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 103.305,79 € (cento tres mil trescentos cinco euros e setenta e nove céntimos).

b) Importe total: 125.000,01 € (cento vinte e cinco mil euros e un céntimo).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si, equivalente ao 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non requirida.

b) Solvencia:

Solvencia económica e financeira: deberase xustificar segundo o sinalado no número 6.6.2.d) do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar segundo o sinalado no número 6.6.2.e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas o de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: as proposicións deberanse presentar antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou envialas por correo, dentro do prazo sinalado.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición sexa enviada por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos ou anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mencionada mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é 981 17 80 01.

c) Lugar de presentación: A Coruña.

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Hospital Universitario A Coruña. Hotel de pacientes, planta semisoto.

2º. Domicilio: As Xubias de Arriba, 84.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15006.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Hospital Abente y Lago.

b) Enderezo: salas de reunións do Hospital Abente y Lago. Paseo do General Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Data e hora: as datas de apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e do sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.contratosdegalicia.gal e www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios. Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 21 de setembro de 2017

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña