1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.
2º. Enderezo: avenida de Vigo, 16.
3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.
4º. Teléfono: 986 88 51 33.
5º. Telefax: 986 88 58 85.
6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es
7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es.
8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.
d) Número de expediente: MS-EIP1-17-013.
2. Obxeto do contrato:
a) Tipo: contrato de subministracións.
b) Descrición: subministración sucesiva de peixe conxelado para a cociña do Hospital Montecelo, centro dependente da EOXIPS.
c) División por lotes e número de lotes: seis.
d) Lugar de entrega: Hospital Montecelo.
1º. Domicilio: Mourente, s/n.
2º. Localidade e código postal: Pontevedra 36071.
e) Prazo de execución: 12 meses.
f) Admisión de prórroga: si.
g) CPV (referencia da nomenclatura): 15221000-3.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, multicriterio e contratación documentalmente simplificada.
c) Criterios de adxudicación:
– Características organolépticas: ata 24 puntos.
– Condicións do envasamento: ata 6 puntos.
– Calidade dos produtos: ata 6 puntos.
– Oferta económica: ata 61 puntos.
– Condicións da subministración: ata 3 puntos.
4. Valor estimado do contrato: 206.418,80 €.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 73.721,00 €.
b) Importe total: 81.093,11 €.
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.
7. Requisitos especificos do contratista:
a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso:
– Solvencia económica e financeira. Criterio: bastará que nun dos tres últimos exercicios se supere a contía sen IVE do lote ou lotes a que se presente a oferta.
Lote 1: 17.575,00 €. Lote 2: 17.050,00 €. Lote 3: 8.644,00 €. Lote 4: 18.480,00 €. Lote 5: 6.876,00 €; Lote 6: 5.096,00 €.
– Solvencia técnica ou profesional. Criterio: o licitador considerarase solvente coa acreditación de subministracións de igual ou similar natureza que os que constitúen o obxecto do contrato e cuxo importe supere a contía anual de licitación (IVE excluído).
Lote 1: 17.575,00 €. Lote 2: 17.050,00 €. Lote 3: 8.644,00 €. Lote 4: 18.480,00 €. Lote 5: 6.876,00 €. Lote 6: 5.096,00 €.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite da presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en festivo, finalizará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.
b) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.
2º. Enderezo: r/ Loureiro Crespo, 2.
3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.
4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es
d) Admisión de variantes, se procede: non.
e) Prazo durante o cual o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Apertura das ofertas:
a) Descrición: abriranse os sobres B e C e leranse as propostas.
b) Enderezo: publicarase no perfil de contratante.
c) Localidade e código postal: publicarase no perfil de contratante.
d) Data e hora: a data e hora da realización da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil de contratante: www.sergas.es
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (véxase o prego de cláusulas administrativas particulares).
Pontevedra, 30 de agosto de 2017
José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés