Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2017 Páx. 46971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación para contratar a subministración e instalación da ampliación da capacidade de almacenamento da información, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente AB-SER1-17-024).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 881 54 18 27.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 24 de outubro de 2017.

d) Número de expediente: AB-SER1-17-024.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración e instalación da ampliación da capacidade de almacenamento da información do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: oito (8) meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 30200000-1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntos

Criterios valorables automaticamente (sobre B)

Oferta económica

0-70

Extensión da garantía

0-30

4. Valor estimado do contrato: 570.000 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 570.000 euros. Importe total: 689.700 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase a cláusula 6.5.2.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 24 de outubro de 2017.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: a apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 14 de setembro de 2017.

12. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos