Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2017 Páx. 46708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 19 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-1215/2016-COP e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, de 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-1215/2016-COP e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

Vigo, 19 de setembro de 2017

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-1215/2016-COP

Peixaría Atenas Unipersonal, LDA.

ESB36993384

Resolución

Ghilhermina Suggia, 292, Oporto, (Portugal)

PSC-PO-0418/2017-PPM

Aitor Ordás Rodríguez

35473783D

Resolución

Estorninos, 6, 3º B,
Vilagarcía de Arousa