Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2017 Páx. 46705

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2017 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, do servizo de vixilancia e control dos edificios, invernadoiros e predio do Centro de Investigación Forestal de Lourizán (expediente 45/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: o servizo de vixilancia e control do predio, edificios e invernadoiros do Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: o contrato comezará o 1 de decembro de 2017. Non obstante, se a formalización do contrato ten lugar con posterioridade a esa data, o prazo de execución comezará ao día seguinte ao da formalización do contrato. A duración do contrato será por 12 meses.

e) Admisión de prórroga: si, por 12 meses.

f) CPV: 79714000-2, 79710000-4 e 98341140-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 72.546 €; IVE (21 %): 15.234,66 €; importe total: 87.780,66 €.

Valor estimado: 145.092 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, se o licitador conta coa clasificación de grupo M, subgrupo 2 e categoría A, estará exento de acreditar a solvencia.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso, segundo o disposto nas alíneas F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.

c) Habilitación: segundo na alínea F.6 do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas: definitiva: do 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4,15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 y 881 99 93 88 (consultas administrativas); 986 80 50 00 (consultas técnicas).

d) Fax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través de internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=196828

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, non sendo que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Xeral e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico
licitacion.mediorural@xunta.gal

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura do sobre B terá lugar en acto público, ás 12.30 horas do noveno día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas.

11. Gastos de publicidade: será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural