1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Contratación.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.
3º. Teléfonos: 981 54 55 23, 981 54 55 26 ou 981 54 55 22.
4º. Fax: 981 54 01 18.
5º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.gal
6º. Páxina web: http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante
7º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.
d) Número de expediente: 2017_035_SXT_OPL.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración de dous conxuntos de adestradores de comunicacións e seguridade industrial para o Centro Integrado de Formación Profesional de Coia (Vigo).
c) División por lotes e número de lotes: non.
d) Lugar de execución/entrega: taller de automatización do Centro Integrado de Formación Profesional de Coia.
e) Prazo de execución/entrega: o sinalado na cláusula N da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).
f) Admisión de prórroga: non.
g) Establecemento dun acordo marco: non.
h) Nomenclatura CPV (vocabulario común de contratos públicos): 31000000-6 máquinas, aparellos, equipamento e produtos consumibles eléctricos, iluminación.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto e non suxeito á regulación harmonizada.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: ver a cláusula M da folla de especificacións do PCAP.
4. Orzamento base de licitación: corenta e dous mil euros (42.000,00 €), IVE incluído.
5. Valor estimado do contrato: trinta e catro mil setecentos dez euros con setenta e cinco céntimos (34.710,75 €).
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe.
b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE, constituída ante a Caixa Xeral de Depósitos.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver as cláusulas I e J da folla de especificacións do PCAP.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais. No cómputo do dito prazo inclúense os sábados, domingos e festivos, e cando o último día do prazo coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (situado no Edificio Administrativo San Caetano, s/n; 15781 Santiago de Compostela), en horario de oficina ou por correo, dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4º andar; 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido na cláusula 5.2. do PCAP.
c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición:
Apertura do sobre A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.
Apertura do sobre B: apertura en acto público da documentación relativa aos criterios cualitativos-non avaliables mediante a aplicación de fórmulas.
Apertura do sobre C: apertura en acto público da documentación relativa aos criterios cuantitativos-avaliables de forma automática mediante a aplicación de fórmulas.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres B e C.
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.
11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=201949
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2017
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía,
Emprego e Industria