Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2017 Páx. 46720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo, suxeito a regulación harmonizada, por lotes, do mantemento integral e a conservación do Camiño de Santiago, licitado polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e tramitación anticipada.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Data de publicación no perfil do contratante: 3 de xaneiro de 2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de mantemento integral e conservación dos Camiños de Santiago. Son obxecto do presente contrato todos os camiños ou treitos da Rede de Camiños que pertencen ao Camiño de Santiago, como os seus elementos funcionais cuxa conservación é competencia e está transferida á Axencia Turismo de Galicia: Camiño Francés, Camiño de Santiago do Norte: Ruta do Interior, Camiño Primitivo ou Ovedo, Camiño Santiago do Norte: Ruta da Costa, Camiño Portugués, Camiño Vía da Prata, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño Inglés e Camiño de Inverno.

Comprende 2 lotes:

Lote 1. Operacións para a conservación do Camiño de Santiago ao seu paso pola Comunidade Autónoma de Galicia. Camiño Francés.

Lote 2. Operacións para a conservación do Camiño de Santiago ao seu paso pola Comunidade Autónoma de Galicia. Camiño de Santiago do Norte: Ruta do Interior, Camiño Primitivo ou de Ovedo, Camiño Santiago do Norte: Ruta da Costa, Camiño Portugués, Camiño Vía da Prata, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño Inglés, Camiño de Inverno.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: anticipada e suxeita a regulación harmonizada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Lote 1. Importe sen IVE: 259.479,57 €. Importe IVE (21 %): 54.490,71 €. Total: 313.970,28 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 1.385.855,80 €. Importe IVE (21 %) 291.029,72 €. Total: 1.676.885,52 €.

Importe total dos lotes (IVE incluído): 1.990.855,80 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 26 de xuño de 2017.

Lote 2: 26 de xuño de 2017.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 26 de xullo de 2017.

Lote 2: 26 de xullo de 2017.

c) Adxudicatarias:

Lote 1. Construcciones Isidro Otero, S.L.

Lote 2. Misturas, Obras e Proxectos, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1. Importe sen IVE: 198.705,51 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 961.645 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia