Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2017 Páx. 46723

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo, non suxeita a regulación harmonizada, relativo ao apoio técnico para o control e a vixilancia das actuacións da conservación integral dos Camiños de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia, a través de procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Data de publicación no perfil do contratante: 17 de abril de 2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: control e vixilancia da correcta execución das actuacións da conservación integral do Camiño de Santiago no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 55.500 €.

IVE (21 %): 11.655 €.

Importe total IVE incluído: 67.155 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 13 de xullo de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 26 de xullo de 2017.

c) Adxudicataria: Consultoría Inrupre, S.L.U.

d) Importe de adxudicación:

Importe sen IVE: 37.251,60 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia