Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2017 Páx. 44545

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (641/2017 GA).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 641/2017 GA

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1020/2013, Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrente: Víctor Manuel Campos Bargiela

Avogada: Rosa María Tarrago Nesta

Recorridos: Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Granitos Cabaleiro, S.A., Ramilo, S.A., Asepeyo, Mutua de A.T. y E.P. de la Seguridad Social número 151, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Chartis Europe Sucursal en España, AXA Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Marcelino Martínez, S.L., Sociedad de Prevención de Asepeyo, S.L., Grupimar, S.L., Extracciones Gragonfer, S.L., Rafael Fernández Morais, Karina Fernández Morais, Sonia Fernández Morais, Extracciones Gramorper, S.L., Canteras González y Morais, S.L. e Francisco Cabaleiro Nogueira

Avogados: Ramón José Pena Fraga, Emilio de la Cuesta Mediero, Ángel Fernández Argüello, María de los Ángeles Fontán Vidal, Manuel Zorrilla Riveiro, Gabriel Gómez Pumar, Fidel Díez Udias, Marcos Castro Álvarez, María Luisa Albelda de la Haza, José Benito Vázquez Estévez, María Verónica Lagares Tena, Vanessa Morais Pereira

Procuradores: Víctor López-Rioboo y Batanero, María Dolores Neira López, Rosa de Lis Fernández, Xulio Xabier López Valcárcel, José Fernández González, Ricardo García-Piccoli Atanes, María Fara Aguiar Boudín e María Elena García Calvo

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 641/2017 GA desta sección, seguido por instancia de Víctor Manuel Campos Bargiela contra Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Granitos Cabaleiro, S.A., Ramilo, S.A., Asepeyo, Mutua de A.T. y E.P. de la Seguridad Social número 151, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Chartis Europe Sucursal en España, AXA Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Marcelino Martínez, S.L., Sociedad de Prevención de Asepeyo, S.L., Grupimar, S.L., Extracciones Gragonfer, S.L., Rafael Fernández Morais, Karina Fernández Morais, Sonia Fernández Morais, Extracciones Gramorper, S.L., Canteras González y Morais, S.L. e Francisco Cabaleiro Nogueira, sobre outros dereitos de seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Fallamos que, estimando en parte o recurso de suplicación interposto por Víctor Manuel Campos Bargiela, contra a Sentenza do 27 de outubro de 2016, do Xulgado do Social número 2 de Vigo, en autos 1020/2013, revogamos parcialmente esta no sentido de condenar a Extracciones Gramorper, S.L. a aboar ao demandante unha indemnización de 12.903,70 euros e a Extracciones Gragonfer, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 100 euros no mesmo concepto, mantendo o resto do acordado.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Canteras González y Morais, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza