Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2017 Páx. 44578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 12 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (tarxeta sanitaria), sita na avenida de Zamora, núm. 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, terase por desistido da súa petición.

Ourense, 12 de setembro de 2017

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 7954.

Interesado: Do Nascimento, Manuel Fernando.

NIE/DNI/PAS: X3092296S.

Último enderezo coñecido: lugar Zaín de Abaixo, 11, 32005 Ourense.

Nº de expediente: 8711.

Interesada: Renati de Tullio, Elsa Lidia.

NIE/DNI/PAS: X7363121Q.

Último enderezo coñecido: rúa Río Camba, 2, 2º A, 32001 Ourense.