Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2017 Páx. 44217

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (259/2017).

Despedimento/cesamentos en xeral 259/2017

Procedemento de orixe: /

Sobre despedimento

Demandante: Gonzalo Ares Vázquez

Avogada: Ana Vanesa Botana Castro

Demandados: Fogasa, Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 259/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gonzalo Ares Vázquez contra Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa decisión di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Gonzalo Ares Vázquez, contra a entidade Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que Gonzalo Ares Vázquez foi obxecto o 31 de xaneiro de 2017, condenando a que a entidade Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L., no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 45,36 € diarios ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 998 €. O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de que o empresario non opte pola readmisión ou pola indemnización, enténdese que procede a primeira.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Gonzalo Ares Vázquez, contra a entidade Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L., a que lle aboe á demandante a cantidade de 109,99 € brutos, pola compensación económica polas vacacións non desfrutadas no ano 2017, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito petante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza