Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2017 Páx. 44220

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (5/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 5/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Padín Grande e María Luisa Cacabelos Padín contra Alimentación Projoscar, S.L. sobre despedimento, se ditou o Decreto do 7 de setembro de 2017 (impugnable en reposición no prazo de tres días), o cal se encontra á súa disposición na sede deste xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Alimentación Projoscar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 7 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza