Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2017 Páx. 44096

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (460/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 460/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Agripina Barreiro Ceruelo contra Mourenza Automoción, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Comunidade de Propietarios do Edificio Saudade, M. Liste, S.L. ditouse a seguinte resolución cuxo fallo expresa:

«Debo aclarar e aclaro a sentenza ditada nos presentes autos de Seguridade Social número 460/2014 con data do 14 de xuño de 2017, na súa resolución que queda redactado do modo seguinte: “que estimando integramente a demanda interposta por Agripina Barreiro Ceruelo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Comunidade de Propietarios do Edificio Saudade, M. Liste, S.L., e Mourenza Automoción, S.L., debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibir unha pensión de xubilación calculada coa porcentaxe do 88 % sobre a base reguladora de 618,07 euros mensuais, cos complementos, melloras e revalorizacións que legalmente correspondan, e aboamento dos atrasos correspondentes; con declaración da responsabilidade de Comunidade de Propietarios do Edificio Saudade, pola falta de alta e cotización da demandante no período que abrangue desde o 1.1.1987 ao 10.11.2011, e con declaración de responsabilidade conxunta e solidaria das mercantís M. Liste, S.L., e Mourenza Automoción, S.L. pola falta de alta e cotización da demandante no período que abrangue desde o 1.6.1982 ao 30.9.1998, con responsabilidade nas diferenzas da prestación de xubilación correspondente á demandante, con obriga de anticipo da pensión de xubilación correctamente calculada polo INSS e sen prexuízo do dereito de repetición que lle corresponda contra as codemandadas”.

Permanecerá a sentenza incólume en todo o demais.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a esta non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza á que se refire a presente aclaración».

E para que sirva de notificación en legal forma a M. Liste, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza