Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2017 Páx. 44091

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (750/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 750/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alfonso Jesús Barrera García contra Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Ver_PDF, administración concursal de Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L. administración concursal, Cristina Aguiar Ríos sobre despedimento, se ditou sentenza 536 do 4 de setembro de 2017 cuxa resolución di:

«Que debo de estimar e estimo a demanda de extinción da relación laboral promovida por instancia do demandante Alfonso Jesús Barrera García fronte á mercantil Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L., e a súa administración concursal, declarando a extinción da relación laboral e condenando a dita mercantil a aboar ao demandante en concepto de indemnización a cantidade de vinte e catro mil dous euros con sesenta e oito céntimos, con todas as consecuencias inherentes á devandita declaración. Así mesmo, condeno a dita mercantil a aboar ao demandante a cantidade de once mil novecentos noventa e cinco euros con tres céntimos (11.995,03 euros) en concepto de salarios debidos e vacacións así como o xuro de demora do 10 %.

Ningunha responsabilidade alcanza nesta instancia o Fogasa sen prexuízo do previsto no artigo 33 do ET.

Debo absolver e absolvo a codemandada Ver_PDF das pretensións exercitadas contra esta.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado o prazo de cinco días, a partir da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L. e a Ver_PDF, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza