1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo.
b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é a provisión e prestación dun servizo de implantación e capacitación para a posta en marcha en Galicia dos sistemas vinculados á Administración xudicial electrónica ou expediente xudicial electrónico e, en xeral, o aproveitamento do uso das TIC na Administración de xustiza en Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.
e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:
DOG: 19.1.2017.
DOUE: 18.1.2017.
BOE: 28.1.2017.
3. Tramitación e procedemento.
a) Procedemento: aberto.
b) Tramitación: ordinaria.
4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 739.800,00 € (setecentos trinta e nove mil oitocentos euros).
5. Orzamento base de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 369.900,00 € (trescentos sesenta e nove mil novecentos euros), máis 77.679,00 € (setenta e sete mil seiscentos setenta e nove euros) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 447.579,00 € (catrocentos corenta e sete mil cincocentos setenta e nove euros).
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 24.5.2017.
b) Data de formalización do contrato: 4.7.2017.
c) Contratista: Everis Spain, S.L.U.
d) Importe de adxudicación: 369.654,98 € (IVE incluído).
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia