1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo.
b) Descrición do obxecto: o obxecto da presente contratación é o servizo de apoio técnico para a coordinación e xestión das actividades e proxectos das infraestruturas comúns da Xunta de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.
e) Data de publicación do anuncio de licitación:
DOG: 13.1.2017.
DOUE: 11.1.2017.
BOE: 14.1.2017.
3. Tramitación e procedemento.
a) Procedemento: aberto.
b) Tramitación: ordinaria.
4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 1.238.328,00 €
5. Orzamento base de licitación.
O orzamento máximo autorizado é de 412.776,00 € (catrocentos doce mil setecentos setenta e seis euros), máis 86.682,96 € (oitenta e seis mil seiscentos oitenta e dous euros con noventa e seis céntimos de euro) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 499.458,96 € (catrocentos noventa e nove mil catrocentos cincuenta e oito euros con noventa e seis céntimos de euro).
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 12.6.2017.
b) Data de formalización do contrato: 18.7.2017.
c) Contratista: Queres Tecnología, S.L.
d) Importe de adxudicación: 424.540,08 € (IVE incluído).
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia