Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2017 Páx. 44000

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación da xestión do centro de día municipal Virxe do Carme de Sanxenxo.

Tras ser aprobado o proxecto de xestión e o prego de cláusulas administrativas particulares para contratar a xestión do centro de día municipal Virxe do Carme de Sanxenxo, mediante a modalidade de concesión e procedemento aberto, anúnciase a convocatoria respectiva.

1. Obxecto: contrato da xestión do centro de día municipal Virxe do Carme de Sanxenxo.

2. Prezo.

a) Prezo máximo por usuario e mes do centro: 518,74 euros, incluído o IVE.

b) Prezo máximo por usuario e mes do transporte: 74,80 euros, incluído o IVE.

3. Duración do contrato: corenta e dous (42) meses, sen posibilidade de prórroga.

4. Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de valoración. Tramitación: ordinaria.

5. Prazo de presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio, sexa esta no BOP, DOG ou no perfil do contratante.

6. Lugar de presentación das ofertas: dirixidas ao alcalde, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo, rúa Consistorio, 4, 36960 Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Faise constar que, se o prazo rematase en festivo ou sábado, se ampliará ao día hábil seguinte.

7. Mesa de contratación: será constituída consonte o disposto nas cláusulas 8ª, 9ª e 10ª dos pregos respectivos.

8. Condición específica de solvencia técnica: acreditación de estar debidamente inscrito o licitador no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais dependente da consellería competente en materia de asuntos sociais da Xunta de Galicia, dentro da área de maiores, conforme o disposto no RAIS.

9. Solvencias.

a) Económico-financeira: acreditarase mediante o volume anual de negocios, referido ao ano de maior volume dentro dos tres (3) últimos exercicios, por importe igual ou superior a 777.000 euros (correspondente a unha vez e media do valor anual medio do contrato) sen incluír o IVE. Para estes efectos o licitador proposto para a adxudicación presentará copia das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estivese inscrito no dito rexistro, e no caso contrario polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volumen anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo rexistro mercantil. Non será necesario acreditar esta solvencia se o licitador está inscrito no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado ou no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Técnica-profesional: acreditarase mediante a presentación por parte do licitador dunha relación dos principais servicios, que incluirá importe, datas e o destinatario, público ou privado, deles, realizados nos últimos cinco (5) anos anteriores á data finalización do prazo de presentación de ofertas desta licitación, e deberase acreditar o licitador como executado en servizos de igual ou similar natureza que os que constitúen o obxecto do contrato, tomando como criterio de correspondencia entre os servizos executados polo licitador e os que constitúen o obxecto do contrato, a pertenza ao mesmo subgrupo de clasificación para o CPV 85312100-0 ou a igualdade entre os dous primeiros díxitos do CPV 85312100-00 (85), durante o ano de maior execución do período citado, cun importe igual ou superior a 1.269.080,40 € (70 % do valor estimado do contrato) sen incluír o IVE. Os servizos acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

10. Garantías. Provisional: non se exixe. Definitiva: o 5 % do valor estimado do contrato.

11. Criterios de adxudicación.

a) Criterio obxectivo de adxudicación avaliable matematicamente. Será o definido na cláusula 6ª do prego administrativo. A puntuación máxima é de cincuenta (50) puntos, desagregados:

i. Ata un máximo de corenta e seis puntos pola cantidade que percibirá mensualmente o concesionario por cada usuario do centro, que non poderá superar o tipo de licitación por usuario e mes, que figura na cláusula 2ª do prego (518,74 euros).

ii. Ata un máximo de catro puntos pola cantidade que vai percibir mensualmente o concesionario polo transporte de cada usuario que o necesite, que non poderá superar o tipo de licitación polo transporte do usuario que o necesite, que figura na cláusula 2ª do prego (74,80 euros).

b) Criterio de adxudicación dependente de xuízo de valor. Será o definido na cláusula 7ª do prego administrativo: para estes efectos os licitadores deberán presentar unha memoria que describa a xestión do centro, tendo en conta o previsto no prego, no proxecto e no prego de prescricións técnicas. A puntuación máxima por este criterio será de cincuenta (50) puntos.

12. Entidade e información: Concello de Sanxenxo, Negociado de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75.

13. Documentación: recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web
www.sanxenxo.es no perfil do contratante.

Sanxenxo, 20 de setembro de 2017

Telmo Martín González
Alcalde presidente