Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2017 Páx. 43946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Taboada (expediente IN407A 2017/64-2, 8536 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

Domicilio social: polígono das Fontiñas, Área Central 25 Z-1º, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: eléctrificación do parque empresarial de Taboada.

Situación: concello de Taboada.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 190 m, con orixe en CS (27CT35 existente), condutor tipo RHZ1 e final en CT-1 proxectado.

2. Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 35 m, con orixe en CT-1 proxectado, condutor tipo RHZ1 e final en PAS en poste 94 da LMT CHA805.

3. Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 285 m, con orixe en CT-1 proxectado, condutor tipo RHZ1 e final en CT-2 proxectado.

4. Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 155 m, con orixe en CT-2 proxectado, condutor tipo RHZ1 e final en PAS en poste 97 da LMT CHA805.

5. Centro de transformación en edificio prefabricado tipo PFU-5, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

6. Centro de transformación en edificio prefabricado tipo CTEP compacto de manobra exterior, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

7. Liña de baixa tensión soterrada, cunha lonxitude de 739 m, con orixe en CT-1 proxectado, condutor tipo RV-240 e final nas parcelas industriais.

8. Liña de baixa tensión soterrada, cunha lonxitude de 618 m, con orixe en CT-2 proxectado, condutor tipo RV-240 e final nas parcelas industriais.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro), e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro), polos que se crea e se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que se xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 22 de agosto de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo