Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2017 Páx. 43930

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (115/2017).

ETX. Execución de títulos xudiciais 115/2017

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 401/2015

Sobre despedimento

Demandante: Antonio de María Angulo

Procuradora: María Begoña Caamaño Castiñeira

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Silvanus España

Avogado/a: letrado/a do Fogasa

Declaración de insolvencia

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 115/2017, por instancia de Antonio de María Angulo contra a executada Asociación Profesional de Selvicultores de España, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 6 de setembro de 2017 decreto de insolvencia no sentido de declarar a executada en situación de insolvencia total, por importe de 7.200 euros de principal máis 1.382,79 euros en concepto de xuros de demora, máis 858,27 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. De conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza