Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2017 Páx. 43931

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 115/2017).

Execución de títulos xudiciais 115/2017

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 401/2015

Sobre despedimento

Demandante: Antonio de María Angulo

Procuradora: María Begoña Caamaño Castiñeira

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Silvanus España

Avogado/a: letrado do Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de título xudiciais número 115/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio de María Angulo contra a empresa Asociación Profesional de Selvicultores de España, sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto o 6 de setembro de 2017, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada, Asociación Profesional de Selvicultores de España, en situación de insolvencia total por importe de 7.200 euros en concepto de principal, máis 1.382,79 euros en concepto de xuros de demora, máis 858,27 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Proceder á súa publicación no DOG, ao ser unha asociación e non estar inscrita.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partes e á Asociación Profesional de Selvicultores de España por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0115 17. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274 e no campo concepto deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0115 17. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación á Asociación Profesional de Selvicultores de España, expido o presente.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza