Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2017 Páx. 43722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2017/037-1).

Expediente: IN407A 2017/037-1.

Promotora: Electra de Santa Comba, S.L.

Denominación da instalación: CTM Santa Cataliña e LMTS de conexión á rede de distribución.

Concello: Santa Comba.

Feitos:

1. O 2 de marzo de 2017, a promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 113, do 15 de xuño e no BOP núm. 94, do 22 de maio de 2017.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– LMTS (1) a 20 kV, de 78 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, con orixe no apoio nº 51 existente da LMT Santa Cataliña-Randufe (expediente 27.949) e final no CTM proxectado. Substituirase o apoio por un de formigón vibrado. Desmantelamento dos últimos 77 m da LMT que conectan co CS Santa Comba SCC801) que se vai retirar.

– LMTS (2) a 20 kV, de 28 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, con orixe no empalme que se vai realizar na LMTS Santa Cataliña-Grupo escolar (expediente IN407A 2002/366-1) e final no CTM proxectado.

– LMTS (3) a 20 kV, de 207 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, con orixe no CTM proxectado e final no apoio nº 1 da LMT Santa Cataliña-Guldrís (expediente 27.949). Substituirase o apoio por un de formigón vibrado. Desmantelamento dos últimos 150 m da LMTA que conectan co CS Santa Comba (SCC801) que se vai retirar.

– LMTS (4) a 20 kV, de 29 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, con orixe no CTM proxectado e final no apoio nº 1 da LMT Santa Cataliña-Francos (expediente 27.949). Desmantelamento dos últimos 12 m da LMTA que conectan co CS Santa Comba (SCC801) que se vai retirar.

– LMTS (5) a 20 kV, de 212 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, con orixe no CTM proxectado e final no apoio nº 1 da LMT Santa Cataliña-Esmorede (expediente 27.949). Substituirase o apoio por un de formigón vibrado. Desmantelamento dos últimos 183 m da LMTA que conectan co CS Santa Comba (SCC801) que se vai retirar.

– LMTS (6) a 20 kV, de 28 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, con orixe no CTM proxectado e final no empalme que se vai realizar na LMTS Santa Cataliña-As Antes (expediente IN407A 2008/604-1).

– CTM Santa Cataliña con envolvente prefabricada, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P+4V+1M. Desmantelamento do CS Santa Comba (SCC801) e do CTC Santa Cataliña (SCH070) e dos tramos de liñas substituídos.

O orzamento da instalación segundo o proxecto é de 154.033,41 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Concederlle a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá presentar, perante esta xefatura territorial, unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interporse recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 10 de agosto de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña