Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2017 Páx. 43177

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2017 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2017.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas práticas na Administración pública galega, acórdase darlle publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no segundo cuadrimestre do ano 2017, que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Importe

Data da sintaura

Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Emigración, e o Consello da Cultura Galega para a realización de actividades relacionadas coa emigración galega.

35.000 €

26.5.2017

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e Anna Turbau para a conservación e difusión dos fondos fotográficos de Galicia no arquivo fotográfico titularidade desta última.

Sen dotación económica

19.5.2017

Acordo de colaboración para a recuperación e dixitalización de materiais da emigración galega no concello de Ribadeo e posterior difusión.

Sen dotación económica

8.7.2017