Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2017 Páx. 43176

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2017 pola que se anuncia a convocatoria de axudas de acción social para o persoal da institución correspondentes ao exercicio 2017.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia na súa reunión do 26 de xullo aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2017: axudas para a atención a discapacitados. Estas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución, e o prazo de presentación de solicitudes queda aberto a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, durante quince (15) días hábiles.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2017

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia