Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Hermida e da concesión administrativa que a ampara, resulta:
a) Antecedentes de feito:
Primeiro. Mediante escrito do 10.5.2017, Manuel Santorum Hermida, en calidade de herdeiro de Manuel Santorun Calo, solicitou autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Hermida.
Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.
Terceiro. O informe do Servizo de Protección de Recursos sobre as características da batea é favorable.
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Resolución do 5 de xuño de 2017 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nas persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería do Mar.
Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Manuel Santorum Hermida (35447159L), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Hermida.
Situación:
Cuadrícula nº: 257.
Polígono: B.
Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 28.6.1974.
Remate da vixencia: 15.12.2019.
Actuais titulares: Manuel Santorun Calo e Manuel Santorum Hermida (35447159L).
Novo titular: Manuel Santorum Hermida (35447159L).
O novo titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 1 de setembro de 2017
A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 5.6.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo