1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza e desinfección no Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, indicadas no anexo I do prego de prescricións técnicas.
c) División por lotes e número: non.
d) Prazo de execución: o prazo de execución do contrato é de quince (15) meses desde o día seguinte ao da formalización do contrato.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 9091200-8.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente. Procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.
Criterios de adxudicación: criterios avaliables de xeito automático, recollidos na epígrafe A do cadro de criterios de adxudicación do contrato do cadro de características.
4. Orzamento de licitación.
Importe neto: 111.570,00 €, IVE (21 %): 23.429,70 €. Importe total: 134.999,70 €.
Valor estimado: 200.826,00 €.
5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, se o licitador conta coa clasificación: grupo U, subgrupo 1 e categoría 1, e grupo M, subgrupo 1 e categoría 1, estará exento de presentar solvencias.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas epígrafes F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.
7. Garantías exixidas. Definitiva: do 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 57 37/981 54 57 48 (consultas administrativas) 981 54 57 33 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 40 47.
e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=196098
9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito (8) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico
licitacion.mediorural@xunta.gal
d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas.
11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.
12. Outras informacións: datos para a subrogación dos traballadores no anexo II do prego de prescricións técnicas (PPT).
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017
A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Mª del Carmen Bouso Montero
A secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural