Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Lama (expediente IN407A 2017/381-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avenida do Concello, 21, 36830 A Lama.

Denominación: LMTS e CCMM A Lama e Racelo.

Situación: A Lama.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 4.160 metros de lonxitude, con orixe no centro de manobra (CM) proxectado A Lama e final no centro de protección e repartición Racelo. Centro de manobra A Lama, con 3 celas de liña prefabricadas baixo envolvente metálica con illamento integral en SF6. Ampliación do centro de protección e repartición Racelo, consistente na instalación dunha cela de interruptor automático. A instalación está situada nos lugares da Lama e Racelo, concello da Lama.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 3 de agosto de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Cultivo

Referencia catastral

Afección

Nome

Domicilio

Solo m2

1

Matogueira

36025A005010510000GD

36025A005010510001HF

36025A005010510002JG

36025A005010510003KH

Ocupación CM

58

CMVMC A Lama

Rúa Cocheras, 5

36830 A Lama, Pontevedra

2

Matogueira

36025A011003550000GO

36025A011003550001HP

LMTS (102 ml)

204

CMVMC A Lama

Rúa Cocheras, 5

36830 A Lama, Pontevedra

Arquetas

2,5

3

Matogueira

36025A012007060001HA

LMTS (187 ml)

374

CMVMC A Lama

Rúa Cocheras, 5

36830 A Lama, Pontevedra

Arquetas

6

4

Matogueira

36025A011003680000GU

36025A011003680001HI

LMTS (67 ml)

133

CMVMC Antas

Ramallal, 32 (Antas)

36853 A Lama, Pontevedra

Arquetas

2,5

5

Matogueira

36025A011003620000GX

LMTS (77 ml)

153

CMVMC Antas

Ramallal, 32 (Antas)

36853 A Lama, Pontevedra

Arquetas

2,5