Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2017/78-2, 8550 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: recuamento LMT 20 kV SAR804 lugar A Valiña (Sarria).

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 260 m, con orixe en apoio existente Prethor, condutor tipo LA-56 e final en apoio proxectado HVH-FL-13/1600.

2. Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 268 m, con orixe en apoio existente C-FL-14/2000, condutor tipo LA-56 e final en Prethor suspensión existente.

3. Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 560 m, con orixe en apoio existente HVH-FL-13/1600, condutor tipo RHZ1 e final en apoio proxectado C-FL-14/2000.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 31 de agosto de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo