Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2017 Páx. 42986

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (expediente L-6/2017).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: L-6/2017.

2. Obxecto do contrato: servizo de limpeza das dependencias municipais de talleres, parque móbil, iluminación, rede de sumidoiros e oficina técnica municipal que fomente a estabilidade no emprego e o ambiente na súa execución. Duración: un ano prorrogable un máis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 61.200,00 € anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación das proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura das proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 12 de setembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 18.4.2017)
Alberto Lema Suárez
Tenente de alcalde da Área de Emprego e Economía Social