1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Asuntos Xerais.
2º. Enderezo: avda. Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5, baixo.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.
4º. Teléfono: 981 54 53 91(consultas administrativas) 881 99 90 91 (consultas técnicas).
5º. Telefax: 981 54 45 98.
6º. Enderezo electrónico: igc.xerencia@xunta.gal.
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=195283
8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.
d) Número de expediente: 05/2017 IGCC.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: de servizos.
b) Descrición: servizo para a realización de actividades de divulgación e de formación sobre consumo responsable por todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Prazo de execución/entrega: desde a orde de inicio emanada da Administración, logo de formalización do contrato administrativo, ata o 31 de decembro de 2017.
f) Admisión de prórroga: non.
g) Establecemento dun acordo marco: non.
h) CPV: 80500000-9.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: os sinalados no punto 7.5 do prego de cláusulas administrativas particulares e na alínea A do seu cadro de criterios de adxudicación do contrato.
4. Valor estimado do contrato: 25.725 euros.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 25.725 euros (IVE excluído). IVE: 5.402,25 euros. Importe total: 31.127,25 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non se exixe.
Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos especificados no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares e na alínea F do seu cadro de características.
c) Outros requisitos específicos: non.
d) Contratos reservados: non.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: quince días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).
b) Modalidade de presentación: segundo o disposto no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Oficina do Rexistro da Xerencia do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
2º. Enderezo: avda. Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5, baixo.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.
4º. Enderezo electrónico: igc.xerencia@xunta.gal.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición: apertura pública.
b) Enderezo: avda. Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.
d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e C.
10. Gastos de publicidade: 5,42 euros por liña, IVE incluído; serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2017
Sol María Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia