Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2017 Páx. 42916

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 219/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza en substitución regulamentaria do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento seguridade social 219/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Mosquera Agrelo contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Ilunión Seguridad, S.A., Grupo Control Empresa de Seguridad, S.A. e INSS, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 9 de marzo de 2016 tivo entrada neste órgano xudicial demanda presentada por Carlos Mosquera Agrelo contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Ilunión Seguridad, S.A., Grupo Control Empresa de Seguridad, S.A. e INSS, que deu lugar á incoación do procedemento seguridade social 219/2016.

Segundo. Que a parte demandante presentou escrito en que desiste da demanda fronte a Grupo Control Empresa de Seguridad, S.A. e Ilunión Seguridad, S.A. e isto comunicóuselle á parte contraria sen que se opuxese á dita desistencia.

Fundamentos de dereito.

Único. Unha vez declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o procedemento iniciado por el fronte a Grupo Control Empresa de Seguridad, S.A. e Ilunión Seguridad, S.A. e xa que a parte demandada non se opón á dita desistencia, procede considerar que a parte demandante desiste respecto delas, e continúan as actuacións fronte a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e INSS.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

Considerar que a parte demandante desiste da súa demanda contra Grupo Control Empresa de Seguridad, S.A. e Ilunión Seguridad, S.A. e continuar o procedemento fronte a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e INSS.

Notifíquese ás partes a presente resolución e á demandada Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Poderase interpor recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 do Banco Santander, S.A. e indicar, no campo concepto, a indicación recurso seguida do código “31 Social-Revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “código 31 Social-Revisión”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza