Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2017 Páx. 42978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a ampliación do prazo de presentación de proposicións para o lote 4 (expediente AB-SER2-17-007).

En relación coa convocatoria publicada no DOUE 2017/S 148-306167, do 4 de agosto, DOG núm. 161, do 25 de agosto, e no BOE núm. 193, do 14 de agosto de 2017, pola que se publicou a contratación suxeita a regulación harmonizada polo Servizo Galego de Saúde de subministración de equipamento electromédico con destino aos bloques cirúrxicos do Hospital Universitario A Coruña e do Hospital do Salnés (Vilagarcía de Arousa), acórdase que o prazo de presentación de proposicións para o lote 4 se amplíe ata o 16 de outubro de 2017.

Os licitadores que xa presentasen as súas ofertas para o lote 4, poderán proceder á súa retirada.

Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 8.9.2017.

Permanecen inalterados o resto dos aspectos detallados no anuncio orixinario, todo isto de conformidade co artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos