Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2017 Páx. 42976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 4 de setembro de 2017 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes da renda básica de emancipación.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións de suspensión do dereito á renda básica de emancipación.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da dita resolución deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas de tramitación da renda básica de emancipación das diferentes oficinas de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A., que correspondan segundo se relaciona no anexo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

O anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido de cada persoa interesada, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

Persoas interesadas

DNI/ NIE

Dependencias de comparecencia

RBE-28745-10

Rocío Vila Alfonso

…831D

Santiago de Compostela

RBE-26201-10

Jorge Martínez Rodríguez

…700P

Santiago de Compostela

RBE-26053-10

Roberto Antonio Páez

…769F

Santiago de Compostela

A Coruña: rolda de Nelle 12bis, 1º, CP 15005 A Coruña. Teléfono: 981 29 48 72.

Santiago de Compostela: Área Central, local 25-Z, 1º andar, polígono As Fontiñas, CP 15707 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 19 33.

Lugo: avenida Ramón Ferreiro 28, CP 27002 Lugo. Teléfono: 982 88 92 60.

Ourense: rúa Valente do Casar 2, baixo, CP 32003 Ourense. Teléfono: 988 78 86 83.

*Pontevedra: rúa Alcalde Hevia 7, baixo, CP 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 56 06. Horario de atención ao público: martes e venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Vigo: praza Maruja Mallo 1-1º, CP 36206 Vigo-Pontevedra. Teléfono: 986 49 45 62.