Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2017 Páx. 42755

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2017 pola que se publican os convenios de colaboración asinados no segundo cuadrimestre de 2017.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícase a relación dos convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no segundo cuadrimestre de 2017 e que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2017

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega da Agader

Consellería do Medio Rural, Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Fundación Juana de Vega e Universidade de Santiago de Compostela

Desenvolvemento das fases 3 e 4 do proxecto de mobilización produtiva de terras no Val de Lemos

23.6.2017

Sen achega económica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Axencia Turismo de Galicia, Secretaría Xeral da Presidencia e Concello de Salvaterra de Miño

Realización do Museo de Enoloxía do Condado do Tea (Centro de Interpretación do Viño)

2.8.2017

100.000 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Axencia Turismo de Galicia, Secretaría Xeral da Presidencia e Concello de Foz

Realización do proxecto A Mariña virtual

9.8.2017

100.000 €