Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2017 Páx. 42756

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de setembro de 2017 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por este organismo no segundo cuadrimestre do ano 2017.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 174, do 13 de setembro de 2017, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 42284, no anexo, onde di:

«Convenios de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2017

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Adminstración Local de Pontevedra (Cosital Pontevedra), para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

4.5.2017

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Xurado de Expropiación de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

26.5.2017

Sen achega económica»

Debe dicir o seguinte:

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Asociación de funcionarios do corpo superior da Administración pública da Xunta de Galicia, para o establecemento dunhas bases de colaboración en materia formativa

30.8.2017

Sen achega económica»