Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2017 Páx. 42783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello do Pino (expediente IN407A 2017/129-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Dragados, S.A.

Domicilio social: avenida del Camino de Santiago, 50, Madrid.

Denominación: centro de seccionamento Quintás e LMTS a CT Quintás.

Situación: Quintás, parroquia de Castrofeito, O Pino (A Coruña).

Características técnicas: centro de seccionamento en edificio prefabricado de formigón. Tres (3) celas prefabricadas, dúas de liña e unha de protección, con interruptores-seccionadores (24 kV, 400 A, 16 kA).

Liña de media tensión subterránea, con inicio no CS proxectado, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×95 mm2) Al, lonxitude 30 m, e fin no CTI Quintás (expediente IN407A 2012/103-1).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, nº 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación (artigos 30 e 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

A Coruña, 28 de agosto de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña