Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2017 Páx. 42775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 4 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se notifica a Resolución do 19 de xullo de 2017 pola que se declara a desistencia da solicitude de autorización dunha celebración de exhibición, concurso, exposición, evento en que concorren animais de compañía ou salvaxes en catividade.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a resolución do expediente de celebración de exhibición, concurso, exposición, evento en que concorren animais de compañía ou salvaxes en catividade a José Antonio Fernández González, con DNI *****321-T, en representación do Circo de Portugal, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos no último enderezo coñecido e non sendo posible a súa práctica.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o interesado se entenderá notificado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Servizo de Conservación da Biodiversidade, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a resolución do expediente referido, que non pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no prazo dun mes, conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contado o dito prazo desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2017

Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural