Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2017 Páx. 42773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO de 31 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, polo que se notifica a Resolución do 11 de xullo de 2017, que exclúe da licitación unha entidade no lote 2 do contrato de servizo de mostraxes piscícolas de especies de interese comunitario e de zonas de especial conservación ou de alto valor natural en Galicia.

missing image file

Con data do 11 de xullo de 2017, a secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ditou resolución pola que se excluía da licitación a entidade Universidade de Santiago de Compostela no lote 2 (mostraxe específica de pintos de salmón), correspondente ao procedemento de contratación do servizo de mostraxes piscícolas de especies de interese comunitario e de zonas de especial conservación (ZEC) ou de alto valor natural nas catro provincias galegas, cofinanciada nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), do Programa de desenvolvemento rural 2014-2020 (PDR). Expediente 75/2016 CN.

Intentada a notificación desta resolución aos licitadores do contrato por correo certificado con xustificante de recepción no enderezo que consta no correspondente expediente de contratación, consonte o artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), non se puido efectuar á sociedade DNota Medioambiente, S.L., polo que mediante este anuncio se lle notifica o contido da resolución, que figura no anexo, para o seu coñecemento.

Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A consulta do expediente estará á disposición da devandita sociedade, no prazo de dez (10) días hábiles seguintes ao da súa publicación no BOE, nas dependencias da Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio, pertencente á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas.

ANEXO

O contido da Resolución do 11 de xullo de 2017 é o seguinte:

Primeiro. Excluír da clasificación do lote 2 a oferta presentada pola Universidade de Santiago de Compostela, xa que a súa oferta se considera inadecuada para o efectivo cumprimento do contrato, nos termos do artigo 152 do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), ao non ter xustificado a súa viabilidade.

Segundo. Notificarlle á Universidade de Santiago de Compostela e ao resto de licitadores que presentaron ofertas no lote 2 do procedemento de contratación o contido desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso especial en materia de contratación ante a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, nos termos establecidos no artigo 40 e seguintes do TRLCSP, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel en que se remita a notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación do acto, segundo o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería
de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio