Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2017 Páx. 42708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2017 pola que se anuncia a licitación da contratación administrativa para a subministración de vestiario.

En cumprimento do disposto no artigo 142 do texto refundido da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, publícase o anuncio de licitación desta contratación administrativa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Persoal e Réxime Interior.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Parlamento de Galicia (dispoñible no BOPG núm. 161, do 11 de agosto de 2017, e en www.parlamentodegalicia.gal).

2º. Enderezo: rúa Hórreo 63.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4º. Teléfono: 981 55 13 00.

5º. Fax: 981 55 14 09.

6º. Correo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.parlamentodegalicia.gal

8º. Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

d) Número de expediente: SRI-PA-10/2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de vestiario.

c) División por lotes e número de lotes: dous lotes. Lote I: persoal da Unidade do Parque Móbil; lote II: persoal da Unidade de Asistencia Xeral.

d) Lugar de execución:

1º. Enderezo: rúa Hórreo 63.

2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

e) Prazo de execución: dous anos.

f) Admisión de prórroga: ata un máximo de dous anos máis.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 18300000-2 prendas de vestir.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas, ata 55 puntos; criterios cuxa cuantificación depende de xuízo de valor, ata 45 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 38.019,80 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: lote I: 6.995,04 €; lote II: 11.634,70 €; b) Importe total: lote I: 8.463,99 €; lote II: 14.077,98 €.

6. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.

c) Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os dispostos nas cláusulas quinta e sexta do prego de cláusulas administrativas e nas correspondentes do prego de prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día da presentación fose inhábil, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Rexistro do Parlamento de Galicia.

2º. Enderezo: rúa Hórreo 63.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4º. Enderezo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal

c) Admisión de variantes: non se admiten.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a finalización do prazo de presentación de ofertas.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: sesión pública para apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: rúa Hórreo 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

d) Data e hora: no día e na hora que se comunicará aos licitadores e se publicará na web do Parlamento de Galicia.

10. Gastos de publicidade: inserción do anuncio no DOG por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas (publicados no BOPG núm. 161, do 11 de agosto de 2017, e en www.parlamentodegalicia.gal).

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2017

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia