Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2017 Páx. 42707

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a ampliación do prazo de presentación de proposicións da contratación mediante procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado e tramitación ordinaria, para a subministración e instalación de equipamento de refrixeración con destino ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, cofinanciada nun 80 % pola Unión Europea, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.7 e obxectivo específico 9.7.1 e actuación 9.7.1.1 (expediente AB-SER2-17-008, lote único).

En relación coa convocatoria publicada no DOG núm. 161 con data 25 de agosto de 2017, pola que se publicou a contratación non suxeita a regulación harmonizada polo Servizo Galego de Saúde de subministración e instalación de equipamento de refrixeración con destino ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, acórdase que o prazo de presentación de proposicións se amplíe ata antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día de presentación coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación das ofertas, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

Permanecen inalterados o resto dos aspectos detallados no anuncio orixinario, todo isto de conformidade co artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos