Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2017 Páx. 42687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 5 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Celeiro, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-LU-0033/2017-COO e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-LU-0033/2017-COO e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentaren cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

Celeiro, 5 de setembro de 2017

Pablo Ramón Fernández Asensio
Xefe territorial de Celeiro

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-LU-0033/2017-COO

Jesús Lis Algaba

33998350A

Inicio

R/ Ollo do Mar, 9, Foz

PSC-LU-0042/2017-PPM

David Sánchez García

34882478B

Inicio

R/ Pardo Bazán, nº 30, 2º B, Burela

PSC-LU-0049/2017-PPM

Borja Sánchez Ansedes

79346115W

Inicio

Estrada do peirao, 2, Maniños, Fene

PSC-LU-0052/2017-PRE

Omar López Lanchas

53646224N

Inicio

R/ Custodia, 11, 2º A, Gijón

PSC-LU-0057/2017-PPM

Omar Gutiérrez Serrano

10826660P

Inicio

R/ José González Muniellos, 18 B, Candás, Carreño