Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2017 Páx. 42657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 1 de agosto de 2017, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican os acordos de incoación dos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos (expediente DX-00314-I-2017 e dous máis).

A persoa titular do Servizo de Informes e Recursos da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte acordou a incoación do expediente sancionador DX-00314-I-2017 e dous máis por infracción da normativa sobre transportes terrestres.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.

Outorgáselles un prazo quince días (15) hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que xulguen oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2017

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

anexo

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

DX-00314-I-2017

1427-JFR

Transportes Valin e Hijos, S.A.

A27101849

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

15.6.2017; 10.29

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 €

DX-00317-I-2017

2178DPK

Tomiñesa de Excavaciones y Transportes

B94084415

O exceso igual ou superior ao 20 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 23 %.

14.6.2017; 11.22; PO-546 (acceso porto de Marín)

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.600 €

DX-00323-I-2017

2178DPK

Tomiñesa de Excavaciones y Transportes

B94084415

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

14.6.2017; 11.22; PO-546 (acceso porto de Marín)

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 €