Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2017 Páx. 42596

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no segundo cuadrimestre de 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2017

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Contía

Data de sinatura

Convenio de colaboración co Centro Gallego de Mar del Plata

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Mar del Plata (A Arxentina)

25.000,00 €

6.5.2017

Convenio de colaboración coa Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en São Paulo (O Brasil)

12.000,00 €

12.5.2017

Convenio de colaboración co Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Bos Aires (A Arxentina)

30.000,00 €

6.5.2017

Convenio de colaboración coa Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela (FACEV)

Prestación de asistencia sanitaria e farmacolóxica a persoas de orixe galega residentes en Caracas (Venezuela)

60.000,00 €

19.7.2017

Convenio de colaboración coa Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Santos (O Brasil)

12.000,00 €

11.5.2017

Convenio de colaboración coa Fundación +34

Atención das persoas galegas que se atopen en situación de privación de liberdade no exterior e especial necesidade

12.000,00 €

31.5.2017

Convenio de colaboración coa Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia (AERU)

Mantemento dunha oficina de información e asesoramento dirixida a emigrantes retornados

6.000,00 €

4.5.2017

Convenio de colaboración coa Federación Venezolana de Galicia (Fevega)

Posta en funcionamento de oficinas de información e asesoramento dirixidas a emigrantes retornados en Ourense e Vigo

20.000,00 €

5.5.2017

Convenio de colaboración coa Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago

Establecemento dun punto de información e asesoramento en Salvador de Baía (O Brasil)

7.000,00 €

13.6.2017

Acordo de colaboración co Consello da Cultura Galega

Realización de actividades relacionadas coa emigración galega

35.000,00 €

26.5.2017

Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a Secretaría Xeral da Emigración e a Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada de Río de Janeiro (O Brasil)

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos

0,00 €

18.7.2017