Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2017 Páx. 42653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización dos contratos tramitados mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, documentalmente simplicada, para a contratación do servizo consistente na organización, descrición e instalación da documentación xudicial custodiada nos depósitos de varios edificios xudiciais, seguindo criterios arquivísticos (3 lotes).

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 2017-SEXU-22-23-24/LU.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=166587

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo consistente na organización, descrición e instalación da documentación xudicial custodiada nos depósitos de varios edificios xudiciais, seguindo criterios arquivísticos (3 lotes).

c) División por lotes e número de lotes: tres.

Lote 1: arquivo común dos edificios xudiciais de Vigo.

Lote 2: arquivo xudicial territorial de Ourense.

Lote 3: arquivo territorial da Coruña.

d) CPV: 92512000-3. Servizo de arquivos.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 12 de xuño de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato. Lote 1: 18.150,00 €. Lote 2: 27.170,00 €. Lote 3: 27.170,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto. Lote 1: 16.500,00 €. Lote 2: 24.700,00 €. Lote 3: 24.700,00 €.

Importe total. Lote 1: 19.965,00 €. Lote 2: 29.887,00 €. Lote 3: 29.887,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 31 de agosto de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 1 de setembro de 2017.

c) Contratistas:

Lote 1: Severiano Servicio Móvil, S.A.

Lote 2: Severiano Servicio Móvil, S.A.

Lote 3: Severiano Servicio Móvil, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 47.999,46 €, desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: 12.011,00 €. Lote 2: 17.994,23 €. Lote 3: 17.994,23 €.

Importe total: 58.079,35 €, desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: 14.533,31 €. Lote 2: 21.733,02 €. Lote 3: 21.773,02 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ofertas economicamente máis vantaxosas.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza