En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.
b) Dependencia que tramitou o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=159160
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición do obxecto: vixilancia e seguridade na Casa do Deporte de Vigo.
c) CPV: 79710000-4 Servizos de seguridade.
79714000-2 Servizos de vixilancia.
d) Medios de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).
e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 94, do 18 de maio de 2017.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: urxente e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e criterio prezo.
4. Valor estimado do contrato: 82.644,64 €.
5. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 41.322,32 €. IVE (21 %): 8.677,68 €. Importe total: 50.00,00 €.
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 30 de xuño de 2017.
b) Data de formalización do contrato: 28 de xullo de 2017.
c) Contratista: Segursystem Europa, S.L.U.
d) Importe de adxudicación: importe neto: 39.985,00 €. Importe total: 48.381,85 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2017
Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte