Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2017 Páx. 42642

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 18 de agosto de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca para a súa provisión, polo procedemento de concurso de méritos, un posto vacante de xefatura de persoal de xestión e servizos.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG nº 140, do 24 de xullo), e na Orde do 12 de abril de 2013 (DOG nº 76, do 19 de abril), polo que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso de méritos, a provisión do posto que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coas ordes vixentes polas cales se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios e na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Cuarto. As solicitudes para participar nesta convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, presentaranse dirixidas ao xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, preferentemente no Rexistro do Hospital Universitario Lucus Augusti (rúa Dr. Ulises Romero, nº 1, 27003 Lugo), ou a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 18 de agosto de 2017

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de grupo-Área Hostalaría.

Número de vacantes: 1.