Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2017 Páx. 42640

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de varios postos de persoal sanitario diplomado (coordinador/a do Servizo de Atención Primaria).

Convocada por Resolución do 12 de maio de 2017 (DOG nº 112, do 14 de xuño) a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de coordinador/a do Servizo de Atención Primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de persoal sanitario diplomado (coordinador/a do Servizo de Atención Primaria), anunciados por Resolución do 12 de maio de 2017 (DOG nº 112, do 14 de xuño).

Segundo. Nomear nos postos que se indican as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 11 de agosto de 2017

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: coordinadora do Servizo de Atención Primaria da Rúa Cuba (Vigo).

Nome e apelidos: Josefa Flores Fernández.

DNI: 30408022K.

Posto de traballo: coordinadora do Servizo de Atención Primaria de Tui.

Nome e apelidos: María Teresa Álvarez Barbeitos.

DNI: 34868373M.