Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2017 Páx. 42453

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao Instituto Galego da Vivenda e Solo para a realización de traballos técnicos que se susciten no expediente de contratación relativo á redacción do proxecto de construción dun novo edificio administrativo para a Xunta de Galicia, así como a modificación urbanística do Plan xeral de ordenación municipal de Santiago de Compostela.

De conformidade cos artigos 8 e 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión da Consellería de Infraestruturas e Vivenda ao Instituto Galego de Vivenda e Solo para a realización de traballos técnicos que se susciten no expediente de contratación relativo á redacción do proxecto de construción dun novo edificio administrativo para a Xunta de Galicia, así como a modificación urbanística do Plan xeral de ordenación municipal de Santiago de Compostela, que ten as seguintes características:

– Obxecto: realización das actuacións de carácter técnico que se susciten no expediente de contratación relativo á redacción do proxecto de construción dun novo edificio administrativo para a Xunta de Galicia, así como a modificación urbanística do Plan xeral de ordenación municipal de Santiago de Compostela.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao realizarse entre órganos (Consellería de Infraestruturas e Vivenda e Instituto Galego da Vivenda e Solo) dotados de personalidade xurídica propia e ser o Instituto Galego da Vivenda e Solo medio propio e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos poderes adxudicadores dependentes dela.

– Prazo de vixencia: desde a súa sinatura, que tivo lugar o 31 de xullo de 2017, ata a extinción do contrato.

– Supostos en que procede a finalización anticipada da encomenda: incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou mutuo acordo.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda